Cando no ano 1910 se instaurou a República en
Portugal, foron expulsadas daquel País as Ordes Relixiosas, e un grupo de
frades franciscanos foron acollidos polos descendentes do Conde de Gondomar
dándolles acougo no seu Pazo, onde estiveron ata que remataron as obras de
axeitar para convento un pazo, chamado de “Quirós”, en Vilariño, no concello de
Nigrán, que mercara uns anos antes a Provincia Franciscana de Portugal para
casa de formación da Orde. Neste convento finou no ano 1920 o Cardenal
Patriarca de Lisboa, Xosé Sebastián Nieto.
Logo de chegar, comezaron o seu labor
evanxélico, pondo moita énfase na prédica das virtudes e feitos de San Antonio,
que axiña prenderon nas xentes da bisbarra que chegaron a formar un grupo de
fieis “Antonianos”, cunha agrupación de rapaces, chamada Xuventudes Antonianas,
nas que participaban unha morea de nenos, rapaces e mozos do Val Miñor.
Este espírito tamén prendeu no padre Américo,
Américo Monteiro de Aguiar, nado en Portugal e que no ano 1923, de volta de Mozambique, ingresa no convento de
Vilariño como postulante e toma o hábito franciscano ao ano seguinte. O padre Américo está proposto para ser
beatificado polo seu labor de axuda e acollemento dos nenos e dos necesitados
fundando as institucións, que se estenden por todo Portugal e Colonias: a “Casa
do Gaiato”, para acollida de nenos; os “Lares
de familia”, para familias e rapaces que traballan ou estudan; e “O Calvario”,
para abrigar a doentes incurábeis.
Un dos costumes que arraigou nas xentes
da bisbarra foi o de pedirlle a San Antonio
, que axudase a
encontrar algunha cousa perdida, rezándolle o responso e, por suposto,
ofrecéndolle un algo, se a cousa perdida daba en aparecer. Inda hoxe hai moita
xente que sabe o responso e acode ao santo para encontrar aquilo que non dan
atopado. Tamén é certo que moitos achácano de interesado, que agocha as cousas
por mor de acadar a esmola ofrecida, chegan a facer contas co Santo sumando as
ofertas e descontando, ou rebaixando, aquelas nas que supoñen o engano do
Santo.
Por se alguén
quer facer a proba, aí vai o responso:
Se buscas milagres
mira morte e erro desterrados,
miseria e demo fuxidos,
leprosos e enfermos sans.
O mar sosega a súa ira,
redímense encarcerados,
membros e bens perdidos,
recobran mozos e anciáns.
O perigo retírase,
os pobres van remediados,
cónteno os socorridos,
dígano os paduanos.
O mar sosega a súa ira...
Gloria ao Pai, gloria ao Fillo,
gloria ao Espírito Santo.
O mar sosega a súa ira...
Roga a Cristo por nós
Antonio gloriosos e Santo,
para que dignos así,
das súas promesas sexamos.
Amén.
mira morte e erro desterrados,
miseria e demo fuxidos,
leprosos e enfermos sans.
O mar sosega a súa ira,
redímense encarcerados,
membros e bens perdidos,
recobran mozos e anciáns.
O perigo retírase,
os pobres van remediados,
cónteno os socorridos,
dígano os paduanos.
O mar sosega a súa ira...
Gloria ao Pai, gloria ao Fillo,
gloria ao Espírito Santo.
O mar sosega a súa ira...
Roga a Cristo por nós
Antonio gloriosos e Santo,
para que dignos así,
das súas promesas sexamos.
Amén.
Outro
frade, o Padre Luís, un home fraco e espelido, de palidez transparente, mirada
acuosa e pelo albo que recordaba a imaxe dun apóstolo dos pintados polo Greco,
acadou fama de santo naquela bisbarra e en poucas casas deixou de faltar unha
fotografía, como se foxe unha estampa.
Para
quen era un santo era para as “estraperlistas” que gañaban a vida traendo do
veciño Portugal, mercadorías que estaban a faltar neste lado da fronteira, como
fideos, café “Sical o mellor café de Portugal”,…. . Estas mulleres pasaban a
“raia” con Portugal no tren, que os portugueses deran en chamar “o foguete”, pois
para eles desenvolvía
velocidades de vertixe, que viña desde Porto a Vigo. Eran perseguidas pola Garda Civil, que como pouco requisáballes a mercadoría, por iso, os maquinistas do tren, que algo
gañarían así, ao chegar ao lugar de Canadelo antes de Vigo, baixaban a
velocidade para que elas puidesen tirar pola fiestra os paquetes, que outras, alertadas
co chifro que o maquinista lle facía largar á locomotora, de acordo con elas,
recollían a toda présa. O malo era que ás veces a Garda Civil subía ao tren
polo camiño e facía a requisa nos vagóns e elas apurábanse a agachar os
paquetes onde puidesen, máis dunha vez debaixo dos hábitos do compracente frade,
que,
sorrindo beatificamente, saudaba aos gardas, que non sospeitaban, ou non se atrevían
a rexistralo, pois naquela España, sobre todo a da posguerra, os relixiosos
tiñan moito poder e cumpría respectalos.
velocidades de vertixe, que viña desde Porto a Vigo. Eran perseguidas pola Garda Civil, que como pouco requisáballes a mercadoría, por iso
O caso é que cando o recriminaban polas súas eivas, feitos e desfeitas que con iso provocaba, lembrándolle o inferno e castigo que nel lle esperaba, respondía:
-Si, si, algo diso hai, pois o Padre Luís pondérao moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario