Sin Foto todavia
Dona Laureana era a única muller dos seis fillos que tiveran Angel Valverde, mestre de obras, e a súa dona Angelita, panadeira no forno que tiña na casa da rúa Eduardo Iglesias. Dona Laureana quedou solteira pois o noivo co que ía casar finou dunha Septicemia que se lle produciu ao rebandar coa navalla de se afeitar un gran que lle saíra na faciana.
Herdara a casa de seus pais da rúa Eduardo Iglesias que tiña dúas vivendas nas que se entraba desde a dita rúa ou pola entrada dos carruaxes que baixaba e daba servizo ao forno, aos cortellos do cabalo e os porcos e que antes de dar paso á horta que chegaba ata o río, había un pozo do que se tiraba a auga cunha daquelas bombas que se movían a man e vertía nunha pía onde bebía o gando.
A vivenda da dereita tíñalla alugada e a Dona Paca que a rente o chan tiña aberta unha Farmacia e no baixo érache onde Bernarda, unha muller de Santa María de Oia que facía as veces de encargada, facía os queixos e o doce anisado para bañar as rosquillas.
Despois de pechada a Farmacia, alugáralle a vivenda ao Médico chamado D. Celso Valenzuela co que andaba sempre a rifar, con el ou coa súa dona. Despois arrepentíase dos alcuños que lle puña ao médico e non se fartaba de apelidar:
- ¡O que fun chamar! ¡Monicreque dos fogos! Que San Bieitiño mo perdoe.
No outro lado, na esquerda, vivía ela no primeiro andar, e no segundo andar vivíache Manuel Estevez, “Manuel de Laureana” (e non “Manuel de Lauréano” como saía publicado no Faro de Vigo do día 13 de agosto de 2008) ao que lle tiña tamén alugado o baixo para tenda e parte para cociña, na outra parte do baixo estaba o forno.
Na tenda de “Manuel de Laureana” podíase mercar de todo, desde un papel de fumar da marca Zigzag para facer un pito con tabaco de picadura ou unha folla de bacallau, unha libra de azucre ou un neto de viño para levar ou para tomar na trastenda que desde os tempos da tía Flora, a irmá de Angelita, servía de taberna e comedor para os parroquianos e forasteiros.
Dun parroquiano destes, dos que ían xantar nos tempos da tía Flora contaba Dona Laureana que sempre lle preguntaba:
-Flora, déame un pouco de pan para rematar este prebe.
E de alí a pouco:
-Flora ¿non haberá un pouco de prebe para rematar esta codia de pan?.
E así non daba acabado.
A tenda de Manuel de Laureana cheiraba a todo un pouco pero destacaba o cheiro ao salobre do bacallau e as especies que ían mercar os rapaces mandados pola nai o día da matanza do porco para adobar o amoado da zorza dos chourizos, dicíndolles:
-Neno, vai a de Manuel de Laureana a que che dea un real de tódolos cheiros.
O Manuel seguiu vivindo na casa de Dona Laureana aínda despois de casado cunha moza da Romana da Ramallosa que lle chamaban “As Barrantesas” e que aínda éranche primas ou medio parentes dela, e alí seguiron vivindo, pois ao morrer Dona Laureana, Manuel comproulle o predio enteiro aos herdeiros.
Durante unha tempada ben longa viviu con Dona Laureana a filla dunha moi grande amiga da familia dos Hermidas. E a esta rapaza, que se chamaba “Chariño” tamén a acabaron chamando “Chariño a de Laureana”.
Dona Laureana érache ben coñecida en Gondomar e a bisbarra do Val Miñor pola súa feitura de muller grande, pola súa personalidade e os seus despistes que daban lugar a moitos contos e pola súa actividade industrial e social.
Participaba, cun bando de Señoras de Gomdomar (As de Peralba, as Núñez, entre outras) no “Hospitalillo” que dirixía o abade Mariño co que non sempre estaba de acordo.
Do seu forno saían as tortas de améndoa –máis dunha vez, consecuencia dos seus despistes, de améndoas amargas-, os roscóns que os padriños regalaban aos seus afillados o día de Pascua, as Trenzas chamadas tamén “Boleardos” e, salientándose moito, as rosquillas das festas que seguiu facendo despois “O Cristaleiro” que ela lle aprendera a facelas e saíu un alumno ben destacado e hoxe as “Rosquillas CRISTALEIRO” teñen grande e boa sona.
Éranche moi sonados os contos dos seus despistes ou doutras cousas referidas á súa vida.
Como tiña a tensión arterial moi alta o médico prohibiralle tomar café ou té e deu en tomar infusións de cascarilla de cacao e polos seráns cando estaba na pastelería que puxera no local onde estivera a Farmacia, chamaba a moza que tiña para o seu servizo, e disque lle dicía con certo remoquete:
Flora, tráiame a “cascarilla”.
Noutra ocasión fixéralle no día de San Bieito unha torta moi especial para seu irmán que estaba doente dun cancro que o levou á morte e penaba máis que vivía na casa que tiña na Romana da Ramallosa e fíxolle o mandado de levarlla a unha moza que a servía. Ao vela chegar de volta en pouco tempo, alporizouse toda, pois non era posible que fixese o recado tan lixeiro. Había de esperar o tranvía para ir a Ramallosa, entregar o mandado e volver no tranvía.
A moza atribulada díxolle que entendera en vez de Bienvenido, que era o nome do irmán, Don Benigno o médico.
Nada máis oíla botou o gabán por riba dos ombreiros e saíu escopetada, sen mudar as zapatillas de pano de andar pola casa, cara a casa de D. Benigno e dándolle poucas razóns do caso que motivara o engano, recolleu a torta coa promesa de:
-Aí D. Benigno, perdoe, pero xa lle farei outra para vostede.
D. Benigno, quedou tan sorprendido, que aínda hoxe conta o suceso e fártase de rir.
O certo é que ben se merecía o regalo, pois Dona Laureana acudía a el en canto tiña, ou teimaba que tiña, algunha doenza.
O derradeiro conto ocorreu hai ben pouco, cando ela xa hai moito tempo que finou e que Deus a teña na Gloria.
Éstabanche nunha taberna unha xente a comentar o escrito antes dito, e estaban de acordo que era “Manuel de Laureana” e non de Lauréano e facendo gabanza dos seus coñecementos filolóxicos dicían:
-Chamábanlle Laureana porque ela érache de Ourense. E comezaran a chamarlle “La ourensana” e co tempo e o mal falar derivara en “Laurensana”, e despois converteuse en “Laureana”.
Así é que xa poden ir aprendendo os filólogos que aí queda iso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario